Ao longo destas últimas semanas, os alumnos de 5º estivemos traballando o tema da reprodución. Entendendo as diferencias que existen entre homes e mulleres e o papel fundamental que xogan na creación dunha nova vida.
Convertidos en protagonistas da nosa propia aprendizaxe, levamos a cabo unha serie de entrevistas a unhas persoas moi importantes para nós: as nosas nais.
A posta en común foi tan interesante, que decidimos invitalas á aula, para así, poder coñecer de primeira man a súa experiencia durante o embarazo, o parto e os primeiros días como mamás. As anécdotas, risas e emocións; non faltaron, e nós sentímonos moi orgullosos de telas entre nós facéndonos partícipes dos seus recordos.
Como broche final, invitamos a Loli Martínez Romero, matrona de profesión; que nos ensinou de primeira man a labor que leva a cabo coas mulleres que chegan á súa consulta. Tamén nos explicou a importancia do vínculo emocional entre nai e fillo e axudounos a resolver todas as dúbidas que foron xurdindo ao longo da xornada.



