O pasado mércores 21 de febreiro os nenos e as nenas do 1º ciclo da Educación Primaria asistiron ao Auditorio Municipal a unha sesión de contos musicados na lingua galega a cargo do grupo «Xarope Tulú» con motivo da celebración do día da Lingua Materna. Os nenos cantaron, bailaron e aprenderon novas palabras coma pinchacarneiros, vacaloura ou cardume.
Rematamos a visita cantándolle o “Parabéns para ti” a Rosalía de Castro.
VIVA A LINGUA GALEGA!